O mes de abril é certamente especial para todos aos que nos gusta ler: celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil o 2 de abril, o 23 agárdanos o Día do Libro,.. e nós (as Bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística) embarcámonos un ano máis na nosa Semana do Libro: a festa das palabras, xa na súa terceira edición.
...e como é bo cambiar, este ano, en vez de saír a rúa con mesas e expositores, liámonos a manta á cabeza, collemos unha caravana (que nos prestou amablemente Protección Civil) e botámonos aos camiños. Iso sí, facendo paradas en lugares marabillosos:
Hoxe, luns, 11 de abril no CEIP Quintela
Mañá, martes, 12 de abril no CEIP Outeiro das Penas
O mércores, 13 de abril imos para o CEIP Porto Cabeiro
O Xoves, 14 de abril, parada no CEIP de Cedeira
O Venres, 15 de abril no CEIP Igrexa - Chapela.
O 26 de abril no CEIP Santo Paio de Abaixo
O 27 de abril no CEIP de Laredo
O 28 de abril no CEIP Alexandre Bóveda
O 29 de abril no CEP Santa Mariña
Maio no Colexio Vigo
E preguntarédesme... que pasa cos días 18, 19 e 20? Eses dias laborables da Semana Santa o vehículo abrirá as súas portas en horario de mañá, para nenos e adultos, nas alamedas de Chapela (18 e 19 de abril) e Redondela (20 de abril) sobre as 11:00 h.
E voltaredes a preguntar: pero, que leva a caravana? O maior dos tesouros: libros!!!

Libros das bibliotecas e libros de institucións de toda a xeografía española que esforzadamente conseguíu Eva de Normalización Lingüística. Estes organismos fixeron xenerosas doazóns de obras nas súas linguas para que vexamos a riqueza lingüística que existe en todo o noso territorio.
Ben, pois iso non é todo!!! Como actividade complementaria, e a modo de agasallo para todos neste mes, os alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Educación Infantil do I.E.S. Chapela desenvolverán unha actividade de contacontos para os rapaces de entre 3 e 6 anos en todos estes colexios.

E para que todo se entenda moi ben e moi clariño, Normalización Lingüística elaborou un díptico informativo sobre as linguas expostas e un pequeno glosario de termos multilingüe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario