martes, 3 de mayo de 2011

Encontro poético na biblioteca de Chapela en homenaxe ás Letras Galegas


Grazas á iniciativa do creador poético e musical Nolim González, por primeira vez teremos oportunidade de celebrar un encontro poético con escritores e poetas do noso entorno.

A actividade terá lugar o Venres 13 de Maio, ás 19:30 h., na Biblioteca de Chapela, onde participarán:

Rosa García Machado
Carmeliña García Pereira
Belem de Andrade
Nolim González
Asunción Arias
Concha Rousia
Carlos Rafael

Neste encontro os participantes lerán algunhas das súas creacións poéticas, e as acompañarán de música e sons instrumentais.

Estades todos e todas convidados, e agardámosvos para apoiar aos creadores da nosa localidade.

No hay comentarios: