martes, 3 de mayo de 2011

Exposición de pintura na Casa da Torre


A Casa da Torre, Albergue de peregrinos de Redondela, inaugurará mañán,mércores 4 de maio, a exposición de pintura"Encontros" de Aurea Pousa.

" ...Exposición formada por un conxunto de obras realizadas en óleos e acrílicos, que definen o seu modo de expresión entre a xeometría e a abstracción, con unha liña solta e rota, xogando coa imaxinación do finito e o infinito, a relidade e a suxerencia. Todo marcado pola luz que envolve a súa obra nesta mostra titulada Encontros".

Dita exposición pode visitarse ata o domingo 5 de xuño.
Horario de 13:00 a 22:00h. de luns a domingo.
Publicar un comentario