O premio promóveo o Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Caracterízase por ser os propios alumnos do centro, xunto cos doutros catro institutos de ensino secundario da comunidade galega, os que votan polos gañadores logo de ler as obras propostas. Entre os autores que se alzaron co galardón en anos anteriores atópanse Mario Vargas Llosa, Haruki Murakami, Carlos Fuentes e Almudena Grandes entre moitos outros.
Acompañado por outra das galardoadas da XV edición, a escritora Inma López Silva, Mankell sorprendeu aos seus interlocutores falando nun perfecto galego portugués no que confesou a súa satisfacción por estar en Compostela e recoller un galardón outorgado por mozos lectores.
Neste sentido, o director do instituto Rosalía de Castro, Ubaldo Roda, recordou que "Mankell non puido estar presente no seu día para recoller o premio xunto a López Silva e Martínez de Pisón e prometeu facelo tan axiña como lle fose posible". Fíxoo agora, en maio, o mes no que o centro educativo envorcouse recordando a estancia de García Lorca en Santiago nunha homenaxe ao que tamén quixo sumarse o novelista sueco.
Máis información

No hay comentarios:
Publicar un comentario