Trala lectura do libro de poemas Profundidade de Campo de Yolanda Castaño, e facer un pequeno debate sobre o seu contido: a idea da parodia sobre a súa imaxe, a obsesión polo aspecto físico da propia autora, a crítica sobre a importancia social que ten a imaxe, a conversión da autora nunha icona, máis aló da súa existencia como persoa real...
Tamén falamos da súa proxección pública, a súa presenza no audiovisual, e a especial habelencia que ten para recitar os seus propios poemas, actividade na que se prodiga en moitos contextos, así como a innovación poética, difundindo a poesía a través de novas canles e expresións (o videopoema).
Tralo debate e a análise sobre a lectura en cuestión, adicamos o resto da sesión a ler poesía, poemas de diferentes épocas e autores que nos achegaron ás sensacións de ledicia ou de tristura, ou nos achegaron a vivencias e realidades como o amor, a maternidade ou as lembranzas da nenez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario