miércoles, 18 de mayo de 2011

Libros Mellor Editados do 2010


O Ministerio de Cultura concedeu onte os Premios aos Libros Mellor Editados durante o ano 2010. Estes premios non teñen dotación económica pero son moi valorados polos editores polo que supón de recoñecemento e prestixio ao seu traballo editorial, así como pola difusión que leva, ao ser incluídos nas accións de promoción do libro e expostos nas principais feiras nacionais e internacionais.
Os premiados na categoría de Libros Infantís e Xuvenís foron:
Primeiro premio: Geografía mágica, texto de Ana Cristina Ferreiros, ilustracións de Carlos Arrollo, editado por Ediciones Siruela.
Segundo premio: Fábulas morales de una vez para siempre, escritas por Grassa Touro e ilustradas por Maritxell Durán, editado por A buen paso.
Terceiro premio: Diógenes, texto de Pablo Albo, ilustracións de Pablo Auladell, editado por Kalandraka Ediciones Andalucía.
Lista completa das obras galardoadas aquíEnlace

No hay comentarios: