lunes, 30 de mayo de 2011

Obradoiro de Títeres na Biblioteca de Chapela

E
despois de vivir a maravillosa semana dos títeres na vila de Redondela, na biblioteca de Chapela temos preparada unha actividade moi especial: un obradoiro de marionetas.

"Con materiais e elementos sinxelos: bolas de cortiza ou porexpan, anacos de tela, lás, etiquetas adhesivas de cores … ¡ imos construir un títere de variñas!

Unha actividade lúdica e nada complicada que, ademáis de achegar o mundo dos títeres a tod@s, pretende ensinarlles a elaborar xoguetes propios e desenrolar a capacidade creativa".

O obradoiro realizarano os nosos benqueridos Tanxarina, e está dirixido a persoas de todas as idades.

A data de realización será o Xoves 30 de Xuño, ás 19:00 h.

A actividade é de balde, incluidos os materiais para a realización das figuras e, dado que o número de prazas é limitado, precísase inscrición previa.

A inscrición poderá facerse de xeito presencial, ou ben por teléfono (986-454-226) ou a través do correo electrónico: bibliotecachapela@redondela.es.
O mércores 29 de Xuño confirmaremos a praza ás persoas admitidas.

Publicar un comentario