jueves, 16 de junio de 2011

A despedida de Polaqia

Dez anos de traballo de edición e dinamización de banda deseñada en Galicia rematan. O colectivo Polaqia despedirase a final de ano, non sen antes desenvolver unha intensa actividade. Segundo explica David Rubín, actual presidente da asociación, "a función de Polaqia está máis que cumprida nestes dez anos. Nacemos nun momento no que non había onde publicar e hoxe a maior parte de nós traballamos en Galicia, en España ou mesmo no estranxeiro". Detrás queda unha traxectoria que implica dous premios no Saló del Còmic de Barcelona, exposicións colectivas ou 16 números do fanzine Barsowia (contando o que sairá este verán) e diferentes obras individuais entre outros logros.
Continuade coa noticia en culturagalega.org

1 comentario:

Anónimo dijo...

A verdade é que é un tema moi orixinal e tamén moi atractivo para unha exposición dunha biblioteca. Felicidades Biblioteca Nacional