miércoles, 15 de junio de 2011

O club de lectura de adultos de Chapela comenta "Las uvas de la ira"

Dous traballos maxistrais, tanto no literario, como no terreo cinematográfico. Las Uvas de la Ira deu para moitos comentarios entre os nosos lectores.



- Da novela (1939) destacamos o seu carácter profundamente tráxico e desgarrador, o xeito tan maxistral no que restrata a época da Grande Depresión nortealmericana. Ao longo do filme, a inxustiza, que se ceiba sobre os máis febles, e a impiedade dos poderosos se contrapón coa heroica dignidade dos humildes, que amosan entre sí continuas mostras de solidariedade.

- O filme (1940) é unha recreación maxistral da novela, levado en moi pouco tempo á pantalla no medio dunha dura polémica debida á marcada tendencia política que tiña a novela.

Mais atopamos diferencias. Todos coincidimos que a versión cinematográfica da historia ten un carácter menos pesimista. O sorprendente e extraordinariamente dramático final da novela suprímese e se transforma nun final aberto no que vislumbramos certa esperanza. Así o ton políticamente crítico do escrito de Steinbeck adquire un tinte máis social no filme. En lugar de sinalar aos culpables, a historia se centra máis na forza da familia, na unidade, como base do que significa remar cara adiante para chegar a vencer as dificultades.

Mailas diferencias, forzadas por unha imposibilidade de levar ao terreo de Hollywood naquela época a crueza dun texto tan controvertido, apreciamos que o filme, pola contra, non perde a súa forza. A idea central queda excelentemente exposta, e as soberbias actuacións dos seus actores principais, a calidade da fotografía e o excelente labor da realización levan a este filme, xunto coa novela, a ser considerado un dos grandes fitos da cultura do século XX.




Neste enlace tedes acceso ao filme completo:

No hay comentarios: