jueves, 2 de junio de 2011

Jacobo Fernandez Serrano: mestre de cómic na biblioteca de Chapela

H
oxe na Biblioteca de Chapela tivemos unha lección maxistral de banda deseñada: Jacobo Fernández Serrano.
Na sala de exposicións do Multiusos (que mellor marco que un espazo cunha exposición sobre viñetas humorísticas de debuxantes galegos!) desenvolvimos unha actividade de creación de viñetas e de comics.


O noso autor de cómics demostrou ser un experimentado formador, dando consellos aos rapaces e rapazas, amosando como introducir as historias, e como darlle máis expresividade aos personaxes.


Con Jacobo pasamos un rato moi agradable, e máis de un, pedímoslle tamén que nos asinara os nosos cómics ou nos fixera algún autógrafo.



A actividade desenvolveuse grazas ao programa Letras Vivas da Consellería de Cultura.

Vídeo da actividade, gravado por RedondelaTV.

No hay comentarios: