viernes, 1 de julio de 2011

Fantástico obradoiro de títeres na Biblioteca de Chapela

Tanxarina, o noso grupo de títeres preferido de Redondela, achegouse onte á Biblioteca de Chapela para facer un obradoiro de títeres con nenos, mozos e adultos.


Cunha bola de cortiza, lá, unha cartolina, tres paliños de madeira e un cacho de tea os participantes acadaron resultados moi fermosos e tamén moi creativos.



Cos títeres os participantes poderán escenificar as súas propias historias inventadas ou aqueles dos seus contos preferidos.

Neste vídeo podedes ver máis fotos da actividade:





No hay comentarios: