lunes, 18 de julio de 2011

Jane & family

A 75 euros por palabra. Iso é o que se pagou a Universidade de Oxford por facerse co último manuscrito dispoñible de nosa admiradísima Jane Austen. (Total: 1,1 millóns de euros)

A historia, "The Watsons," cun argumento perigosamente parecido á vida de Austen, aínda que quedou inacabado pola autora, é un bo exemplo do seu estilo, e, ademais, inclúe numerosas notas nas marxes que proporcionarán valiosas pistas aos estudiosos.


Para os curiosos, lembrar que a Biblioteca Británica ofrece a oportunidade de ler en liña o orixinal da súa divertida "Historia de Inglaterra," ilustrada pola propia Austen. Tamén se poden consultar facsímiles nesta dirección.


PD. Un estudo xenealóxico asegura que dona Jane A. é curmá, en décimo primeiro grao, de Catalina Middlenton. Lendo a Jane Austen aprendería o seu curmaíña Kate, enxeñosa plebeya, como cazar un marido nobre?

No hay comentarios: