Moito se fala estes días de tabloides e prensa sensacionalista... pero do mesmo xeito que "non hai libro tan malo, que non teña algunha cousa boa" (está no Quixote!) igual podería dicirse dese tipo de publicación...
O Mirror ofrece hoxe ao seu lectores cinco razoes para que lean libros:
(Enlace orixinal)
* Pódese deixar vagar a mente -- como na meditación.
* É unha forma insubstituíble e fácil de aprender.
* A lectura regular axuda o funcionamento cerebral e manterse alerta. O cerebro é un músculo como calquera outro e necesita exercicio regular para manterse san. (Nota: O cerebro NON é un músculo... pero o demais é certo.)
* Algúns estudos mostran que a lectura pode axudar a aliviar a tensión e reducir a ansiedade.
* Ler pode axudar a previr o Alzheimer. Hai investigacións que indican que a lectura e outras actividades como facer crucigramas ou quebracabezas, poden atrasar o envellecemento cerebral e a perda de memoria.
E ti, por que les?
No hay comentarios:
Publicar un comentario