jueves, 7 de julio de 2011

O grande roubo

Esta mañá levantámonos sobresaltados coa demoledora noticia recollida en toda a prensa galega: O Códice Calixtino, unha auténtica xoia do patrimonio galego, desapareceu.

O Codex Calixtinus, composto a mediados do século XII, recolle diversos textos relacionados con Santiago, o Apóstolo, así como unha guía de viaxe sobre o Camiño de Santiago.






Composto por 225 folios de pergamiño, presenta cinco libros; tras unha presentación en forma de Carta asinada polo papa Calixto II que, en realidade, nunca escribiu este pontífice, o primeiro libro céntrase nas liturxias, o segundo nos milagres do santo, para continuar no terceiro co relato do translado do corpo de Santiago. O cuarto libro glosa as conquistas de Carlomagno en Hispania, e segue as páxinas máis coñecidas: a guía do peregrino. Pecha cuns apéndices, destacando o dedicado á música que permitiu rescatar as composicións polifónicas da época.

Asombrados e consternados, só quédanos desexar que acabe con ben tan sinistra historia.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Dende logo levei un bo susto esta mañá cando oín a nova na radio, non quero nin pensar como se lle quedou o corpo ao arquiveiro encargado de custodialo

Anónimo dijo...

Supongo que el pobre estará en la cama sin fuerzas por el shock