Con Miguel Delibes e a súa aclamadísima Cinco horas con Mario despedimos as sesións do club ata a volta do verán.

A versión teatral de Lola Herrera, o posible trasunto de Mario como espello do propio autor, a autocrítica de Delibes para co seu entorno, o acerto maxistral da novedosa estructura da novela, foron outros dos temas que discutimos no faladoiro.
E ao rematar de falar sobre a novela....
Estupendo fin de festa! Cunha exquisita cea nunha tapería cercana, onde nos serviron deliciosos pratos e un postre inesquecible...
E tamén con sorpresas!
Leo, coordinadora do noso club infantil de lectura, acompañounos á cea e nos fixo trucos de maxia, transportando obxectos "á outra dimensión".
Leo facendo desaparecer e aparecer obxectos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario