lunes, 11 de julio de 2011

O club de lectura de adultos de Chapela visita o xacemento romano de Toralla

Trala lectura, sesións atrás, do libro Africanus, algúns dos membros do club tiñamos curiosidade de coñecer de primeira man como era a vida nas casas patricias durante o tempos dos romanos, tema no que nos introducía o libro de xeito moi interesante.




Dado que temos a fortuna de dispor, moi preto de aquí, dos restos escavados dunha villa romana, e dado que podiamos contar, ademáis, coas explicacións moi completas e precisas por parte dunha arqueóloga, este domingo nos xuntamos para facer unha visita ao xacemento.



A villa romana de Toralla, situada na finca Mirambell, ao lado da praia de O Bao, está datada no século IV d.C. e se pensa que tería ocupación ata o século V. Os propietarios da villa serían unha familia adiñeirada, que obtería os seus rendementos da explotación e o comercio da sal. Dentro da vivenda señorial, ademáis do triclinium e os dormitorios dos señores, destacan as termas para a hixiene e relaxamento, compostas por frigidarium, tepidarium e caldarium. Chamounos a atención o hipocausto: un enxeñoso sistema de calefacción, moi habitual na época, que se conserva e se pode ver baixo o chan da vivenda.




A superficie da villa sería moito maior da parte que está escavada na actualidade, dado que se sabe que xunto coa casa principal habería tamén outras construccións, e que ademáis a explotación salina, escavada a carón da vivenda, ocuparía unha grande extensión de terreo en dirección á praia.





Dende a web Vigovídeo fixéronnos unha gravación da actividade. Podedes vela aquí.


No hay comentarios: