martes, 12 de julio de 2011

Visita do Campus Balonmán Chapela á Biblioteca de Chapela

H

oxe nos visitaron os participantes do Campus Balonmán Chapela.


O grupo de acampados xunto cos seus monitores achegáronse á biblioteca, onde recibiron, de parte da D.G.T. un cursiño sobre educación e seguridade vial.

Na biblioteca fixeron prácticas de educación vial con xogos manuais e electrónicos, e algúns dos máis curiosos deixaron un pouco de tempo para achegarse aos nosos libros.

A actividade estaba organizada polo propio club Balonmán Chapela.
Publicar un comentario