lunes, 10 de octubre de 2011

Atlas Histórico Mundial Interactivo


No desenvolvemento desta aplicación participou un equipo multidisciplinar de licenciados en Xeografía e Historia, así como matemáticos, enxeñeiros e expertos en GIS e sistemas de información. Esta primeira versión de GeaCron contén unha secuencia de mapas que cobren a historia política desde o ano 3000 a.C. Os mapas mostran a situación histórica do mundo ao principio de cada ano; xa que logo, os cambios que se produzan no ano actual quedarán mostrados nos mapas de 2012. O sistema permite situarse en calquera zona xeográfica, tanto cun mapa de fondo plano ou en relevo, facer zoom, navegar no tempo, realizar procuras e xerar enlaces que conteñan a situación xeográfica e histórica que se desexe. Así mesmo, inclúe a posibilidade de incrustar, en webs de prensa dixital ou temáticas, determinadas zonas xeográficas e a súa evolución no tempo. GeaCron é unha ferramenta complementaria para o estudo da historia e da información contida nas fontes documentais, a historiografía ou as enciclopedias.  Na sección "Noticias e Notas" da web iranse publicando, entre outras novidades, aquelas melloras e novas funcionalidades a medida que estean dispoñibles.

Pica no mapa para acceder á aplicación

No hay comentarios: