viernes, 7 de octubre de 2011

CLIJ pa' ti!

   CLIJ! Non, non é o son do disparador dunha cámara, nin tampouco o nome dalgún holandés arrefriado, nin sequera ten que ver cos Playmobil... bo, algo si!


Os primeiros Clicks da historia...


  E é que CLIJ son as siglas de "Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil," unha prestixiosa revista que analiza e informa mensualmente do apaixonante mundo literario dedicado aos máis noviños.


Un dos exemplificadores exemplares que podemos atopar dixitalizados.

  Pois ben, a boa noticia é que agora se poderá acceder aos arquivos desta publicación polo módico prezo de 0 euros con 0 céntimos.

  Sería un CLIJme perderllo!

No hay comentarios: