O mundo das novas tecnoloxías está hoxe de loito. Steve Jobs, cofundador de Apple e da compañía de animación Pixar, faleceu esta madrugada, vítima dun cancro de páncreas.
Jobs e a súa compañía foron grandes impulsores da revolución no xeito en que hoxe nos achegamos á música, á lectura e ao ocio no actual mundo computerizado, facendo máis atractivo e usable o noso achegamento aos contidos culturais.

Gustaríanos compartir con todos vós esta impresionante conferencia que ofreceu na Universidade de Stanford no ano 2005, animándonos a todos a vivir todos os días coma se fosen os últimos:
"Lembrar que vou morrer pronto foi a ferramenta máis importante que atopei para axudarme a tomar as grandes decisións da miña vida".
Toda unha lección de vida e de morte. Descanse en paz.
1 comentario:
Precioso discurso
Publicar un comentario