O portal de Internet'Teatro.es', permitirá o acceso a 40.000 fichas de estreas, 180.000
fotografías, 15.000 caricaturas e máis de medio millón de noticias
relacionadas coas artes escénicas de preto de 7.000 espazos, compañías,
empresas, editoriais ou premios.
Este proxecto, iniciativa do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), ofrecerá aos usuarios, a través do Centro de Documentación Teatral (CDT), diversos produtos e recursos co obxectivo de converterse nunha web de referencia dentro deste ámbito.
Este proxecto, iniciativa do Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), ofrecerá aos usuarios, a través do Centro de Documentación Teatral (CDT), diversos produtos e recursos co obxectivo de converterse nunha web de referencia dentro deste ámbito.
Destacan os proxectos
divulgativos, como 'Teatro para ti', unha serie dirixida aos estudantes
de secundaria sobre as obras fundamentais do teatro español; ou 'Teatro
sen barreiras', que dará acceso ás nosas gravacións a persoas con
dificultades auditivas ou de visión e as nosas canles temáticas sobre
aspectos concretos da actividade teatral.
O xestor documental deste portal permitirá acceder, así mesmo, a unha
ampla galería de vídeos e audios en streaming, moitos deles obras
completas, así como dunha ampla selección fotográfica, dentro do banco
de imaxes e son. En total, o Centro de Documentación conta na súa
biblioteca con 17.000 libros, 600 coleccións de revistas e 5.000 dvd con
gravacións completas de obras de teatro.
'Teatro.es' dará tamén a oportunidade de recuperar moitas das
publicacións esgotadas do CDT, pero tamén inéditas, que se ofrecerán en
pdf, como páxinas sobre o teatro español do século XX que estarán ao
alcance de todos os usuarios. Tamén, a colección fonográfica 'El Eco de las
Voces', ou a de caricaturas 'Retratos en blanco y negro'.
O portal permitirá o acceso ás dúas revistas do CDT: unha de información
e análise da realidade teatral española, a 'Revista Digital de la Escena';
e outra de estudos e investigación para o ámbito universitario, 'Don
Galán'.
No hay comentarios:
Publicar un comentario