O Ministerio de Educación e a Fundación Germán Sánchez Ruipérez coeditaron o estudo ¿Bibliotecas escolares entre interrogantes? Herramienta de autoevaluación. Preguntas e indicadores para mejorar la biblioteca. Esta guía pon, por vez primeira, ao alcance dos profesionais un conxunto de ferramentas para potenciar a implantación real das bibliotecas escolares na vida educativa, así como unha serie de instrumentos para avaliar como se está a facer na biblioteca de cada centro escolar.
O estudo está dispoñible en liña na seguinte ligazón. Así mesmo, na páxina de Lectura Lab podedes ler unha análise máis pormenorizada de devandito traballo.
(Enviado pola Fundación Germán Sánchez Ruipérez)
No hay comentarios:
Publicar un comentario