martes, 15 de noviembre de 2011

Elección Libro do ano 2011

Non, non, non. A lotaría de Nadal, as doce uvas, as manteigadas, o roscón de Reis... unha trapallada de tradicións!


  O que de verdade leva, o que fai que esteas á última, é votar na elección realmente importante... a do libro do ano*!

* Libro do ano: Libro publicado no 2011, en galego ou castelán.

  Elixe ben ao teu candidato, aquí si hai listas abertas!, e cando o teñas, pasa  pola Biblioteca Municipal ou pola Axencia de Lectura de Chapela a votar nas urnas dispostas nelas.

  A túa participación pode resultar premiada! Entre todos os electores, socios da biblioteca, que votasen será sorteado o libro gañador.


  Como sempre, haberá dúas categorías: para os nosos socios máis novos (até os 14 anos) e outra para os adultos.

Pero, cando, cando podemos votar?, preguntaredes, inquietos e desaforados. Pois desde o 21 de novembro até o 2 de xaneiro. Rápido, rápido, que son só 43 días!


  Non podes perder unha ocasión así!

No hay comentarios: