viernes, 4 de noviembre de 2011

Comezo da tempada do Club de Lectura Infantil

O


s rapaces e rapazas do Club de Lectura de Chapela comezaron a nova tempada lendo a Matilda, do autor galés Roald Dahl, un libro que a todos nos pareceu moi divertido e moi apto para recomendar a todos os nosos amigos.

Ademáis de coñecer ao autor e mais tamén ao ilustrador, vendo  moitos dos libros que escribiron, fixemos un resumo conxunto e algúns xogos de preguntas sobre este inesquecible libro.


 Como son os personaxes? como as súas características? Entre todos sacamos as nosas conclusións.

E, por certo, hai 15 anos esta xenial novela chegou, pola porta grande, ao cinema, cunha versión moi divertida dirixida por Danny de Vito (o pai de Matilda no filme). A pregunta clave foi: Gústanos máis a Matilda da novela ou a Matilda do cinema? E cales son as diferencias entre ambas? Os nosos lectores, que xa coñecen as dúas versións... vaia! decantáronse máis pola primeira!

Para que lembredes un pouco a Matilda, e eses maravillosos momentos nos que descubre a biblioteca da súa vila (e para homenaxear ás bibliotecas estes días en que estamos de plena celebración), Aquí tedes este pequeno fragmento de vídeo.



E, dende logo, botamos moito moito de menos a Leo, a nosa  e agardamos poder tela con nós moi pronto. Como estes días estivo de cumpleaños... mandámoslle esta postal tan chula. FELICIDADES!!




No hay comentarios: