Onte a Biblioteca de Chapela acolleu unha xornada formativa sobre bibliotecas e animación á lectura cos alumnos do terceiro curso do Ciclo Medio de Educación Sociosanitaria do I.E.S. de Chapela.
Como vimos facendo nos últimos anos, o alumnado se desplaza ata a biblioteca para coñecer como é o seu funcionamento e cales son os seus servizos, pero tamén para atopar nela recursos e documentos que lles poden ser de grande utilidade para exercer a súa profesión.
Desta vez o grupo estaba interesado en actividades de animación lectora para colectivos de persoas maiores, e dende a biblioteca propuxémoslles materiais e recursos, como primeira idea para que eles podan, nalgún momento, deseñar algún proxecto de traballo con persoas maiores.
Non dubidamos de que estes alumnos poderán sacar ideas moi proveitosas desta actividade.
Graciñas a Nuria, a súa titora, e aos dez alumnos e alumnas que se achegaron a xunto nosa. Agardamos seguir colaborando xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario