jueves, 24 de noviembre de 2011

Encontro de Xosé L. Serrano Silva cos rapaces da Biblioteca de Chapela

O ilustrador Xosé L. Serrano Silva achegouse esta tarde á Biblioteca de Chapela para conducir un obradoiro de ilustración cos rapaces e rapazas da nosa biblioteca.

Ademáis dos rapaces do Club de Lectura, foron outros nenos e nenas afeccionados ao debuxo os que, previa inscrición, se achegaron para coñecer os segredos do traballo dos ilustradores.

Clásicos da literatura infantil e xuvenil como Pinoccio, Pippi Calzaslargas, O pequeno Nicolás, Alicia; libros emblemáticos como Charlie e a fábrica de chocolate, Momo, ou grandes  libros de fantasía como as Crónicas de Narnia ou o Hobbit; novelas actuais como Coraline, Arthur e os Minimoys e outras máis serviron para que os rapaces coñecesen como é a tarea de converter en imaxes un texto dado. 

 

E é que as paisaxes, os personaxes, pero tamén os sentimentos, as escenas en movemento; a ciencia ficción, os mundos fantásticos, a realidade cotiá da escola, a vida no campo... todo ten cabida nos libros, e tamén, todo nos pode emocionar nos debuxos dos libros.
  

Publicar un comentario