jueves, 24 de noviembre de 2011

Mañá, e por vez primeira en España, Día das Librarías

  Mañá, 25 de novembro celebrarase por primeira vez en España o Día das Librarías, acontecemento que se repetirá o último venres de cada mes de novembro e onde se quere reivindicar, entre outras cousas, a achega dos libreiros á vida social e cultural, ademais da súa faceta para a difusión do libro e fomento da lectura.
 A iniciativa de conmemorar o Día das Librerías parte da Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros (CEGAL). En palabras de Remedios Sosa, presidenta da Asociación de Libreros de Tenerife:
"Todos los libreros que formamos parte del CEGAL hemos querido institucionalizar el Día de las Librarías; queremos que ese día sea una forma de expresar nuestro agradecimiento a la fidelidad de los lectores que siempre van a las librerías a comprar sus libros. También queremos que ese día las personas a las que les cuesta entrar en las librerías entren y decirles que tienen los libros que necesitan, incluso también los libros que ellos no saben que necesitan"
  Para conmemorar o Día,  celebraranse diferentes actos en todas as librarías; encontros con autores, presentacións de libros, debates, conferencias e contacontos.
Ese día as librerías pechasen ás 22:00 horas e os libreiros, media hora antes do peche, lerán nas súas respectivas librerías, e ante os seus clientes, fragmentos daqueles libros que queiran recomendar.
Os libreiros de CEGAL elaboraron ademais un decálogo, que regalasen a modo de marcapáxinas aos seus clientes, e resume o que significa comprar un libro; apoio á economía local, axuda ao medio ambiente, creación de emprego na comunidade, compartir expriencias, apoio a emprendedores, dinamización do tecido cultural do barrio, favorecer á liberdade de elección e facer da librería un destino único.

No hay comentarios: