Durante este percorrido pola traxectoria da pintora, poderanse
contemplar vintesete obras que mostran o dominio da artista de diversas técnicas
como son o óleo, a acuarela ou a serigrafía.
A temática das obras tamén é variada predominando as paisaxes mariñeiras. A
propia Chus Láuzara nos di:
"Con esta mostra rindo unha homenaxe aos nosos homes do mar.
Un mar que tanto nos deu.
Un mar a quen tanto debemos.
Un mar..."
Poderá visitarse ata o 11 de Decembro, en horario de 13:00 a 22:00h. de luns a domingo.
[Fonte: Casa da Torre - Redondela]
No hay comentarios:
Publicar un comentario