O xenial escritor norteamericano Paul Auster "visitou" o club de lectura de adultos de Chapela, a través da súa novela La noche del oráculo, que nos deu pé para un longo debate.
A personalísima narrativa de Auster, o seu particular xeito de conducir as súas historias dende o azar e a continxencia, sorprenderon a algúns e mais gustaron á maior parte dos nosos lectores, ainda que as posicións discrepantes tamén foron benvidas.
Hai que destacar que o noso club creceu moito nesta última sesión, xa que foron novos socios da biblioteca os que se animaron a participar nas nosas xuntanzas, e que todos gozamos coa presentación introductoria que nos adicou Jerónimo, fantástico conductor desta sesión.
A conversa á que deu lugar o libro foi longa, dada a multitud de anécdotas e matices que se atopan nos diferentes planos de realidade cos que xoga a novela.
Pero non imos contar máis agora sobre o desenvolvemento da nosa sesión, pois non lles queremos desvelar máis do contido desta obra aos lectores do Club de lectura de Redondela, que se atoparán coa grata experiencia da súa lectura dentro de moi pouco... Agardamos que tamén lles guste a proposta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario