O libro é unha ficción.
Un artificio. Partindo desta premisa, Giralt Torrente enfróntase neste
relato íntimo a un tema universal: a morte do pai. Reconstrúe a relación
co seu pai, o tempo de vida que compartiu con el, con asombroso afán de
fidelidade. Sen eludir as zonas de penumbra pero sen recrearse nelas.
Desa forma, con axuda dunha prosa hipnótica e concisa, a propia
experiencia transfórmase en experiencia de todos. O resultado é un libro
conmovedor que abraza e golpea a un tempo. Nin unha homenaxe nin un
axuste de contas. Un intento de comprender a relación máis complexa que
cabe entre dúas persoas. O retrato dun pai e un fillo. Un inventario de
vida no que case nada cala e no que, por iso, aparece a vida tal e como
é: coas súas tristezas e encrucilladas pero tamén cos seus xubilosos
descubrimentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario