lunes, 21 de noviembre de 2011

Vota!

Por fin! Tivemos que esperar todo un ano... pero xa está aquí!

Sufrimos, si, o tempo parecía un chicle, estirándose e estirándose pero, finalmente, o día foi cumprido e a data sinalada en vermello en todos os calendarios chegou: 21 de novembro, Día Mundial das Votacións do Libro do Ano!


É o momento de recapitular, pechar os ollos, facer un exercicio de introspección e seleccionar entre todos os libros que lemos este ano aquel que merece un recoñecemento especial.

Xa sabemos que non é fácil!, pero, gañar o libro do ano quizá sexa un bo aliciente!

Lembramos as dúas únicas normas: para participar, fai falta ser socio da Biblioteca e hai que seleccionar un libro publicado este ano.

A votar!

No hay comentarios: