jueves, 22 de diciembre de 2011

Sesión de Nadal do Club Infantil de Lectura

Xa ven sendo unha tradición nestes últimos anos, de xeito que ao chegar o Nadal o club revive un dos seus momentos máis fermosos e máis divertidos.

A xuntanza especial de Nadal!

Os rapaces, acompañados dalgúns dos seus pais (nais máis ben) achéganse ao club con doces, postres preparados na casa, e outras exquisiteces gastronómicas.

 
Comezamos a sesión facendo xogos, e cantando xuntos. Desta vez, Leo tróuxonos todo un improvisado Karaoke, e pequenos e adultos animáronse a dar o mellor de sí para interpretar algunhas das máis coñecidas panxoliñas.

Comezamos cantando suave, todos xuntos nos nosos asentos

Algunhas das nosas lectoras se animan a amosarnos as súas dotes no escenario
E chégalle o turno á sección nais, que tamén se saben desenvolver ante o micro














 

E, por fin, cando xa apreta a fame, todos gozamos enchendo os nosos estómagos e brindando xuntos por un 2012 cheo de boas lecturas.

 


Dende Vigovídeo, graváronnos este simpático vídeo.
Graciñas!!

2 comentarios:

Lupe dijo...

Un aplauso a tódala xente do Multiusos que fai posible estas xuntanzas. Bo traballo!

Novas das Bibliotecas dijo...

Graciñas a vós por participar. Agardámosvos tamén no 2012. Boas festas!