miércoles, 21 de diciembre de 2011

Grazas aos doadores!


 Hoxe temos unha carta!

  Abrimos a caixa de correos e aí estaba, un correo colectivo asinado por Papa Noel, os Reis Meigos, o Apalpador, Olentzero e o Esteru.

  Polo seu interese informativo, a reproducimos aquí.

______

  Estimado persoal da Biblioteca de Redondela;

  Este ano os Reis Magos, o Apalpador, Olentzero, Esteru e, eu, Papa Noel, efectuamos unha votación para elixir os nenos máis afortunados do mundo... e resultastes elixidos!

  E, desde logo, non é por mérito propio, senón polos excelentes amigos que tedes. Por se fose pouca sorte contar cuns socios tan resalados, ademais tedes uns marabillosos doantes que vos entregan algo máis valioso aínda que o ouro, o incenso ou a mirra: os seus libros! E, desta maneira, compártenos coa comunidade.

  Por todo iso, recibiredes un parauguiñas de chocolate extra.

  Asinado; 

________ 



Alguns dos libros doados.

  Yupi!

  E é que, certamente, portádesvos moi ben connosco.

  Valga esta entrada para agradecer a todos aqueles que se animaron a regalarnos libros. Seguro que nos deixamos moitos nomees pero, grazas a José, Andrea, Octavio, Monserrat, Ana, Elena, e todos os demais!

  Un brinde por eles!



 
Publicar un comentario