Agora que está preto o Nadal recuperamos esta foto de amizade, realizada xustamente nestas datas, no ano 2008, na casa dun dos membros da União Brasileira de Trovadores e Poetas, do sector de Bahia.
Nela, de dereita a esquerda, atopámonos a Argentino San Román Amoedo, profesor, poeta, escritor trovador e artísta plástico, ao doutor José Siquara da Rocha , á profesora Dorothy Miranda Oliveira de Andrade, ao doutor Samuel Nogueira Filho e ao doutor Joao Bosco Soares dos Santos.
No ano 2007 tivemos o privilexio de desfrutar na Biblioteca da visita de Argentino San Román que donou á mesma a súa obra "A revelaçao do Santo Graal e a mecánica cósmica"
A patir deste primeiro encontro, tivemos a alegría de recibir o agasallo dalgunhas das obras desta comunidade de autores. Grazas a todos e
desde a Biblioteca de Redondela desexámosvos o mellor dos Nadais!
No hay comentarios:
Publicar un comentario