martes, 3 de enero de 2012

Libros do 2011


Temos libros do ano!

Mellor que o partido do século ou o empregado do mes, os resultados que todos esperabamos por fin están aquí! O mellor do defunto 2011!

Tras o laborioso reconto, e por estreita marxe, os libros elixidos por a votación dos nosos lectores son:

(redobre de tambor)
 

Redondela: El jardín olvidado, La casa de Riverton, de Kate Morton  /  La princesa de los corales, de Tea Stilton.

Chapela: Los enamoramientos, de Javier Marías / El diario de Greg, de Jeff Kinney.

Mañá, os nomes dos gañadores do sorteo!
_______

Epa! Descubrimos o esquecido no xardín! E era... unha data! Resulta que ese libro foi publicado en 2010, polo que por dous meses a australiana Kate Morton queda descualificada e desposuída do galardón. Procedemos, entón, a entronizar á segunda opción: "La casa de Riverton," de Kate Morton!



Lembramos a todos os nosos pacientes lectores que Kate en español é Catalina... e, si, a señora Catuxa Morton sempre toma o dobre de cuncas de arroz.

______
E, aquí, os gañadores! Ilustrísimo señor don Aarón Pérez, Egrexio señor don Aessa Faleh, Esclarecida señora dona Sonia Fraga e Magno señor don Legese García.

Incluímos foto do primeiro deles en representación de todos.


Nosas máis cordiais felicitacións!

No hay comentarios: