Hoxe tivemos unha visita moi especial na biblioteca. Os alumnos e alumnas de 2º de primaria viñeron coñecer as nosas instalación e as actividades que facemos nas bibliotecas.
Ademáis de coñecer a biblioteca, e saber para qué sirven estes centros, os rapaces escoitaron un conto, e deixaron un bo anaco para descubrir por eles mesmos os "tesouros" da biblioteca.
Agradecémoslles moito o detalle: cantáronnos todos xuntos a canción que prepararon no seu cole polo Día da Paz (hai que dicir que afinaban todos moi ben. Un auténtico coro de voces brancas!)
 |
Na sala de adultos coñeceron qué é unha biblioteca, xa que algúns dos
rapaces era a primeira vez que entraban nunha. |
 |
A continuación gozaron dun conto: "A princesa que coleccionaba palabras". |
 |
Alguén tiña que interpretar o papel de bufón... |
 |
Despois tocaba o que máis lles apetecía a todos: ler e divertirse cos
libros da biblioteca. Son todos tan diferentes e tan sorprendentes! |
 |
Lecturas individuais e colectivas. |
 |
Tamén hai un tempo para sorrir ante a cámara. |
 |
E unha despedida todos xuntos na porta do edificio. |
|
|
Ata pronto, rapaces! Moitas grazas por vir!
No hay comentarios:
Publicar un comentario