viernes, 30 de marzo de 2012

Día Internacional do Libro Infantil... as bibliotecas e as librarías énchense de actividades

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a de o seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos vos nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc.

 (Fonte: OEPLI)


Este ano, a sección encargada é México, que promociona este día a través do cartel do debuxante Juan Gedovius e o manifesto do escritor Francisco Hinojosa que xa vos amosamos días atrás neste mesmo blog.



Con ocasión desta importante efeméride, moitas somos as bibliotecas que ao longo e ancho do país estamos a facer actividades especiais, tanto hoxe, venres, como mañá, sábado, ou o vindeiro luns.

Podedes vernos aquí, na lista das bibliotecas participantes:



Lembrade que hoxe temos un CONTACONTOS para celebrar esta bonita efeméride. Agardámosvos a todos ás 18:30 h. en Chapela!

E o luns 2... estade atentos a Radio Redondela. Agárdavos unha sorpresa radiofónica.

2 comentarios:

Sabela Arias dijo...

Estes días si que da gusto celebralos, noraboa polo día internacional do libro infantil, pero tamén polo gran traballo que facedes a diario.

Novas das Bibliotecas dijo...

O 2 de Abril é un día moi sinalado para todas as bibliotecas públicas, mais o traballo para fomentar a lectura entre os cativos ten que ter lugar todo o ano. Moitas grazas polas túas palabras, Sabela :-)