
Acompañounos Julio, de Eduvía, que lles fixo aos rapaces pasar un rato moi divertido disfrazándose e convertíndose nun senfín de personaxes de contos. Así os tradicionales
- Polgariño
- Os sete cabritiños
- Brancaneves
... E non nos esquecemos! Tamén estiveron connosco os alumnos do Ciclo Superior de Educación Infantil, do I.E.S. de Chapela, aos que lles gustou moito a actividade. Ao rematar a sesión, entrevistaron entre todos a Julio, quen lles descubriu moitos dos segredos da súa profesión.
A actividade foi levada a cabo grazas ao cofinanciamento entre a Concellería de Cultura do Concello de Redondela e o programa Letras Vivas da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia.
Ata o próximo conto!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario