sábado, 28 de abril de 2012

Babelia en Redondela: a tradución existe

''Este volume é a consecución dun soño'', comezou Yolanda Castaño, coordinadora e tradutora do volume, ante medio centenar de rapaces da ESO do Colexio Vigo. A poeta lembrou como a idea para este traballo colectivo, naceu dun obradoiro que se celebrou en Eslovenia no verán de 2010 e que reuniu durante unha semana a poetas de linguas maioritarias, cun grande número de falantes, e de outras máis pequenas. ''Neste 'gran irmán' poético foi que coincidimos escritores de idiomas como o xaponés, o chinés e o ruso, con outros como o canarés, que falan 35 millóns de persoas na India, o galego, o esloveno e o maltés''.

 ''O meu fillo que saíu para o xardín de infancia pola mañá/ volveu para casa de noite feito un home de 35 anos./ Chegas tarde, dixen./ Si, mirando para o reloxo de cuco con cariño/ respondeu cunha voz grave de home''.("Marcho!" de Yasuhiro Yotsumoto)
 


No hay comentarios: