Como hai tempo que non tiñamos... hoxe tivemos un espectáculo grande de títeres na biblioteca de Chapela.
Antes de comezar o espectáculo |
O artista Lázaro Duyos saúda ao seu público antes de comezar |
A compañía Títeres Cascanueces fixo as delicias de cativos e non tan cativos e achegouse á biblioteca para representarlles o espectáculo "A rúa das pantasmas"
O público |
Todos atentos... |
Xanciño, María, as pantasmas... e o mesmo Demo fixeron rir, berrar, aplaudir, e emocionarse a unha chea de cativos e cativas que hoxe se nos achegaron á biblioteca e que quixeron celebrar connosco esta inesquecible IV Semana do Libro.
Loita feroz entre Xanciño e o Diaño |
Graciñas a todos e a todas por virdes, tanto aos cativos como aos adultos, agardamos poder repetir noutra ocasión.
Graciñas, tamén a Lázaro e a Títeres Cascanueces, e á Concelaría de Cultura do Concello de Redondela, e mais á Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, e ao programa Letras Vivas, por facernos posible ofrecer este espectáculo tan grande na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario