Lambonadas de Cores, o grupo de animación cultural xurdido no Ciclo Superior de Educación Infantil do I.E.S. Chapela, acudirá á biblioteca de Chapela durante varias xornadas do mes de Maio, para realizar unha serie de actividades de animación educativa cos máis cativos.
- MÉRCORES 9 DE MAIO, ás 18:00 h.: "Ábrete conto" - Contacontos para nenas e nenos de 0 a 8 anos.
- MÉRCORES 23 DE MAIO, ás 18:00 h.: "Crea e imaxina" - Obradoiro creativo con materiais de refugallo, para nenas e nenos de 3 a 6 anos.
- MÉRCORES 30 DE MAIO, ás 18:00 h.: "Rimos e xogamos a cachón" - Xogos para nenas e nenos, de 2 a 10 anos.
Trátase dunha actividade de colaboración entre o Ciclo formativo e as Bibliotecas de Redondela, co fin de manter vías de achegamento entre os estudantes de Educación Infantil e os cativos da contorna. Con este pequeno proxecto se pretende dar a oportunidade de traballar de xeito práctico e nun contexto real aos estudantes deste módulo de Formación Profesional, ao tempo que ofrecer propostas interesantes de diversión e aprendizaxe aos cativos de Chapela, a través do servizo de animación da biblioteca.
Apostamos, así, por unha oferta novidosa para público infantil da biblioteca, pero que ten o seu precedente na experiencia levada a cabo no mes de Abril de 2011, cando contaramos coa participación do alumnado deste ciclo formativo para o achegamento de contacontos a cada un dos centros de ensino de Redondela, en acompañamento á bibliocaravana que percorría tamén estes centros. O éxito daquelas actividades anímanos e nos ilusiona para dar un paso máis na nosa colaboración co estudantado do I.E.S. Chapela.
Nunha actividade recente, os alumnos deste ciclo formativo foron citados á Biblioteca de Chapela para coñecer máis a fondo as bibliotecas municipais, o traballo que desenvolven e os servizos que nelas se ofrecen. Dita sesión serviu para establecer esta colaboración entre a biblioteca e mais o grupo de formación, como se ían desenvolver estas actividades cos pequenos e que agardabamos delas cada un dos participantes.
As gañas de poñerse en marcha de cada un destes alumnos, a súa disposición, e o elaborado plantexamento das súas propostas, nos fan estar seguros de que a experiencia vai ser para todos moi positiva.

No hay comentarios:
Publicar un comentario