lunes, 21 de mayo de 2012

Carola, a carteira Centola... último contacontos da tempada en Chapela


Ás 19:30 h. do Venres 1 de Xuño, os animadores de Polo correo do vento farán disfrutar aos máis cativos cun conto co que imos coñecer moitas das especies mariñas da nosa ría. Ademáis, durante a contada, Carola se nos aparecerá entre lápices e cores... Queredes velo?

Na biblioteca poderedes atopar moitos dos libros da serie Polo Correo do Vento... Unha boa maneira de aprender sobre a nosa natureza!

Agardámosvos a todos e a todas para rematar unha tempada formidable de actividades xuntos. Vémonos o venres 1 na Biblioteca de Chapela!


No hay comentarios: