martes, 8 de mayo de 2012

Onde está Maurice????!!!!

Maurice Sendak, autor de clásicos da literatura infantil como "Onde viven os monstros", morreu este martes aos 83 anos, informou o seu editor.

"Morreu o martes en Danbury, Connecticut (nordés de Estados Unidos). A causa foi unha complicación por un recente infarto", dixo á AFP Erin Crum, da editorial HarperCollins en Nova York.
Os contos de Sendak, que introduciron ao lector a un mundo máxico de grandes riquezas visuais e narrativas, foron unha parte fundamental da nenez estadunidense a partir da xeración nacida tras 1960.


A súa obra literaria é ampla pero Sendak é principalmente coñecido por máis dunha decena de contos infantís que el mesmo ilustrou tamén, incluíndo "Onde viven os monstros", que lle conseguiu a prestixiosa Medalla Caldecott en 1964 e segue cultivando éxitos de venda en todo o mundo.
O autor de "A cociña de noite" ("In the Night Kitchen") tamén obtivo, en 1996, a Medalla Nacional das Artes  pola súa vasta obra literaria.
Sendak, segundo os críticos, sentou escola porque nunca limitou a súa obra á fórmula convencional, segura e fielmente seguida por outros autores de contos infantís: tamén presentou ao lector o lado máis "escuro" da psique humana.
.

No hay comentarios: