stamos de noraboa, porque por fin, e despois de diversos atrancos cos que nos fomos atopando, pudemos volver ás nosas sesións ordinarias do club infantil de lectura.
A pancarta coa que recibimos a Leo nesta ocasión |
Os rapaces observan o expositor dos libros cos que ilustramos esta sesión. |
Como Konrad, tamén nos sentimos ás veces que somos bos e formales, e outras que somos uns trastes. Despois de falar de algunhas das partes do libro que nos chamaron máis a atención, fixemos varias actividades:
Buscando as respostas no libro |
- Inventamos piropos por orde alfabética, do mesmo xeito que tiña que facer o pobre protagonista da historia, Konrad, para memorizar insultos e palabras malsoantes.
- Falamos da correspondencia tradicional e da nova comunicación escrita. Os xeitos de empregar os textos nas cartas formais e a maneira en que escribimos para os nosos amigos.
- Por último, practicamos un xogo de cancións populares, onde tiñamos que atopar o noso asento antes de que todos nos deixaran de pé.
Leo fai propostas e modera a xuntanza |
O xogo das sillas |
2 comentarios:
hola, mi nombre es David y soy del club de lectura. Soy nuevo y cuando empezamos, lla empezo a molarme.en resumen, estoy impaciente a que empiece el siguiente club de lectura!!!
Moitas grazas, David!
Alédanos moito que che guste o club de lectura, e agardamos que compartas connosco moitas máis sesións.
Ata o próximo día!
Publicar un comentario