jueves, 20 de septiembre de 2012

Contos Grimmosos! (9/12)

Aquí tes o conto
Ano de publicación: 1812
Alicia Galeano

R.Anning Bell
-Del rey "Pico de Tordo".
Si lo hubieras querido
tuyo habría sido.
-¡Ay pobre de mi, 
que con él no me fui!
Ratatosk


Artur Rackham

-Del rey "Pico de Tordo".
Si lo hubieras querido
tuyo habría sido.
-¡Ay pobre de mi, 
que con él no me fui!


Lyuleo


Maria Pascual

 Había una vez, en un reino muy lejano, un rey que tenía una hija muy, pero muy hermosa que era también muy pero muy vanidosa. Como la joven estaba ya en edad de contraer matrimonio, el rey organizó un gran banquete al que estaban invitados todos los jóvenes nobles que desearan cortejar a la princesa.
Uno a uno los candidatos fueron desfilando frente a la muchacha, pero todos fueron rechazados, porque la pretenciosa joven podía ver solo sus defectos, sin importar cuántas atenciones tuviesen con ella.


Maria Pascual


Melissa


Thrushbeak


Para Ipad


-Del rey "Pico de Tordo".
Si lo hubieras querido
tuyo habría sido.
-¡Ay pobre de mi, 
que con él no me fui!



Cuando un juglar harapiento pasó por debajo de una de las ventanas de palacio, el rey se la ofreció por esposa. Y la orgullosa princesa, debió partir con el pobre músico, a vivir en su miserable choza.


Rouge the bat 777


Zombiesmile







-Del rey "Pico de Tordo".
Si lo hubieras querido
tuyo habría sido.
-¡Ay pobre de mi, 
que con él no me fui!

Gemma Davies
Walter Crane

Walter Crane
Palnk
"No corras princesa. Quedate a vivir en palacio y sé mi reina" Pero la princesa replicó: "Majestad, yo ya tengo un esposo que me ha tratado muy bien. Debo volver a él". Pero el rey le dijo: "Yo soy tu esposo."

lunes, 10 de septiembre de 2012

Máis fotos e vídeo da nosa II Travesía Literaria

Tal e como vos prometemos, achegámosvos aquí o vídeo gravado na nosa pasada ruta a bordo do veleiro "Sueño Loco":

E tamén vos achegamos algunhas fotos moi fermosas, grazas aos nosos participantes, que nos achegaron as súas imaxes:

jueves, 6 de septiembre de 2012

II Travesía Literaria pola Ría de Vigo

 O Club de lectura de adultos de Chapela celebrou onte a II edición da súa particular Travesía Literaria pola Ría de Vigo
 [Velaquí un enlace ás impresións que recollemos na 1ª edición]
O club de lectura disponse a partir
Gozando do sol, do mar e das verbas dos poetas na paz do océano, intercambiando impresións sobre as nosas lecturas deste verán e, por suposto... lendo; unha experiencia única para coller forzas coas que reiniciar a nosa experiencia do club neste novo curso.
Arriando velas!
A pequena biblioteca no barco
Martín Códax, Cabanillas, Rosalía de Castro, Celso Emilio, Bernardino Graña, Xohana Torres, Bécquer, Lorca, Octavio Paz, Pablo Neruda... foron moitos os grandes poetas que nos prestaron a intensidade e a emoción das súas palabras.
Benito nos le un poema de Cabanillas, un dos seus preferidos
Pero tamén lemos divertidos poemas sobre piratas, lendas sobre as forzas ocultas do mar e ata un conto infantil moi evocador.
Carme tamén nos contou un fermoso conto: "Nun porto de mar"
Algúns poemas tamén recibiron acompañamento musical, coa guitarra de Marcos.
A música tamén nos fixo boa compaña
O Capitán Patapau saíu a poñernos firmes a todos
Despois de tantas emocións, non podiamos rematar doutro xeito que cunha riquísima merenda para repoñer forzas, compartindo ricas viandas regadas con bo Albariño.
 
Unha deliciosa merenda para acompañar...
   E cando o sol xa se poñía, tivemos que poñer fin á experiencia, non sen antes felicitarnos todos por compartir unha xornada tan animada.
A volta... cando o sol comezaba a desaparecer
O Atlántico Diario tamén se fixo eco da nosa xesta marítima:  

Atentos, que subiremos máis fotos... VELAQUÍ AS PODEDES VER


miércoles, 5 de septiembre de 2012

Estamos preparados para a aventura!... (2ª edición)

Respondendo a o éxito que tivo a nosa Travesía Literaria polo Mar no pasado ano, e seguindo a recibir a xenerosidade de Marcos e mais de Selene, socios activos da nosa biblioteca e mais membros do noso Club de lectura, embarcarémonos nesta tarde no peirao de Chapela para ler, escoitar e cantar poesía baixo o influxo gozoso do mar.

O veleiro "Sueño Loco", recibirá de novo este ano a uns tripulantes poetas e lectores, que gozarán de novo con tan máxica experiencia.

E co boísimo tempo que vai... sen dúbida será unha actividade deliciosa. 
Poesía en popa a toda vela!

Subiremos fotos pronto.

martes, 4 de septiembre de 2012

domingo, 2 de septiembre de 2012

O Campus da Ilusión: 100 x 100 emocional


Gustounos moito esta iniciativa que atopamos,  especialmente tendo en conta os  tempos difíciles  que estamos a vivir.  Xa o nome e inspirador:  "El Campus de la  Ilusión", a primeira rede social de contido 100 X 100 emocional. Todos os meses colgan vídeos e ebooks, pero sobre todo, está pensada para contar  a nosa propia  historia animante persoal e axudar aos demais deste xeito.
 A entrada ao Campus é por aquí:  http://www.elcampusdelailusion.com/amember/signup
Iniciativa de IRYDE: Instituto para la Resiliencia y el Desarrollo Emocional