jueves, 6 de septiembre de 2012

II Travesía Literaria pola Ría de Vigo

 O Club de lectura de adultos de Chapela celebrou onte a II edición da súa particular Travesía Literaria pola Ría de Vigo
 [Velaquí un enlace ás impresións que recollemos na 1ª edición]
O club de lectura disponse a partir
Gozando do sol, do mar e das verbas dos poetas na paz do océano, intercambiando impresións sobre as nosas lecturas deste verán e, por suposto... lendo; unha experiencia única para coller forzas coas que reiniciar a nosa experiencia do club neste novo curso.
Arriando velas!
A pequena biblioteca no barco
Martín Códax, Cabanillas, Rosalía de Castro, Celso Emilio, Bernardino Graña, Xohana Torres, Bécquer, Lorca, Octavio Paz, Pablo Neruda... foron moitos os grandes poetas que nos prestaron a intensidade e a emoción das súas palabras.
Benito nos le un poema de Cabanillas, un dos seus preferidos
Pero tamén lemos divertidos poemas sobre piratas, lendas sobre as forzas ocultas do mar e ata un conto infantil moi evocador.
Carme tamén nos contou un fermoso conto: "Nun porto de mar"
Algúns poemas tamén recibiron acompañamento musical, coa guitarra de Marcos.
A música tamén nos fixo boa compaña
O Capitán Patapau saíu a poñernos firmes a todos
Despois de tantas emocións, non podiamos rematar doutro xeito que cunha riquísima merenda para repoñer forzas, compartindo ricas viandas regadas con bo Albariño.
 
Unha deliciosa merenda para acompañar...
   E cando o sol xa se poñía, tivemos que poñer fin á experiencia, non sen antes felicitarnos todos por compartir unha xornada tan animada.
A volta... cando o sol comezaba a desaparecer
O Atlántico Diario tamén se fixo eco da nosa xesta marítima:  

Atentos, que subiremos máis fotos... VELAQUÍ AS PODEDES VER


Publicar un comentario