miércoles, 31 de octubre de 2012

O club xuvenil de lectura adianta o Samaín en Chapela

Libros para o Samaín na biblioteca
 Non hai como o Samaín para achegarse ás historias de terror que tanto nos atraen e tanto nos atrapan. Co tempo frío de outono, coa escuridade da noite, que se nos achega demasiado cedo... se queremos pasar verdadeiramente medo cunha historia, é mellor lela nestes días...



E é así como o Club xuvenil de lectura de Chapela, a proposta da biblioteca, se animou á lectura dalgunhas historias moi terroríficas, recollidas pola coñecida escritora arxentina Ana María Shua. Trátase do libro "La fábrica del Terror", recopilación dunha serie de 8 contos terroríficos, baseados cada un deles en temas de moi distintas épocas, lugares e pobos. Entre eles atoparemos adaptacións, pero tamén creacións da propia autora. Iso sabémolo porque, ao rematar cada unha das historias, ela nos vai contando un pouco sobre a xénese das mesmas, a tradición na que se basean e os elementos que considera máis interesantes. Así vemos que en cada unha das narracións hai un tema central que non pertence a ningún autor, senón que é un tema popular, unha historia que pasou na fala da xente e de xeración en xeración sen que ninguén saiba quen a inventou. Ademáid nos conta cales son os trucos narrativos que fan que as historias nos provoquen tanto medo.

  En todo caso, temos que dicir que os nosos valentes lectores se asustaron moi pouco con estas historias. En liñas xerais, gustáronlles bastante, pero non lles deron ningún medo...

... Como para asustar a algún lector do club de Chapela!!





Ainda que pensamos que hai algo que sí lles pode facer tremer... e se non, teriades que vernos xogando ao...
 e eso sí que da un pouco de medo... non sí?

Velaquí algunhas fotos da nosa sesión

Falando sobre as historias que compoñen o libro
Todos a carón da nosa momia
E atendendo ás moitas propostas de lecturas terroríficas...

Publicar un comentario