viernes, 2 de noviembre de 2012

Papiroflexia na Biblioteca de Chapela

Na Biblioteca de Chapela ímonos converter nuns expertos na arte do ORIGAMI, ou da PAPIROFLEXIA, como máis vos guste chamar a esta curiosa e sorprendente arte.

O noso amigo GusOrigami, artista desta arte milenaria, exporá as súas obras nas instalacións do Multiusos de Chapela para que podades sorprendervos e gozar coa beleza de cada unha das súas pezas.

A exposición poderá visitarse entre o Venres 9 e o Venres 23 de Novembro.
HORARIO: De luns a venres, de 17:00 a 20:00 h.

Pero ademáis de poder contemplar estas singulares creacións, ides poder iniciarvos na arte do pregado do papel, grazas a que o artista ofrecerá dous talleres de iniciación na materia:

Os obradoiros son totalmente gratuitos, pero para participar neles precísase inscrición previa na Biblioteca.
As datas dos mesmos serán:
  • Martes 13 de Novembro, ás 18:30 h.
  • Xoves 22 de Novembro, ás 18:30 h.
Quen se atreve a pregar papel con arte?
Publicar un comentario