miércoles, 24 de octubre de 2012

O Día das Bibliotecas... en Chapela co Cullarapo Croque

 


Neste fermoso día no que as bibliotecas nos festexamos a nós mesmas, en Chapela argallamos unha celebración moi feituqueira.

En primeiro lugar porque demos en agasallar con caramelos, marcapáxinas, e ata con camisetas conmemorativas do Premio María Moliner a todos os que se levaron en préstamo documentos da biblioteca.

Pero, e sobre todo, porque tivemos a grata visita de Miguel A. Alonso Diz e mais do Cullarapo Croque, o personaxe do seu libro, que nos viñeron a contar e a recitar as aventuras de tan singular personaxe animado.
O cartel anunciador da actividade

O noso contador, coa súa música e as súas ilustracións nos animou a achegarnos á poesía, a recibila e deixala sentir no noso interior, do mesmo xeito que facemos coa música e as cancións.


 
Combinando a narración e mais as cancións, o Cullarapo foilles contando aos rapaces moitas historias, e presentándolles aos seus amigos. 

VELAQUÍ ALGUNHAS DAS CANCIÓNS DO CULLARAPO:

 Canción "Árbores", de M. A. Alonso Diz


 Canción "Ras", de M. A. Alonso Diz



Ao rematar os poemas, os rapaces e rapazas participantes debuxaron ao Cullarapo... Podedes ver AQUÍ os seus debuxos. Non volo perdades!


 

Publicar un comentario