miércoles, 12 de diciembre de 2012

A noite do Apalpador: presentación do libro na Biblioteca de Chapela


O venres 21 de Decembro, ás 18:30 h. xusto comezadas as vacacións de Nadal, a Biblioteca de Chapela comprácese en convidar a nenos e adultos á presentación deste fermoso libro sobre unha das tradicións galegas máis interesantes en relación co Nadal galego, editado polo CONCELLO DE REDONDELA.

Xurxo Valcárcel, autor do poema A noite do Apalpador e mais Pepe Carreiro, coñecido ilustrador e creador de inesquecibles personaxes na literatura infantil galega, estarán connosco para falarnos do Apalpador e mais para debuxar ao personaxe.

A actividade é gratuita, e a entrada libre, ata completar aforamento. Agasallaremos aos asistentes con exemplares do libro*

(*Ata agotar exemplares dispoñibles)


No hay comentarios: